← Agro GPS

Que é o caderno de explotación e que hai que anotar

Actualizado: setembro de 2026

O caderno de explotación é o rexistro onde o titular dunha explotación agrícola anota o que fai nas súas parcelas: que trata, con que, cando, canto abona, canto rega e que colle. Existe desde hai anos en papel; o que cambia agora é que pasa a ser electrónico e cun contido mínimo idéntico en toda España.

Quen ten que levar o caderno de explotación

O titular da explotación agrícola. Se usas fitosanitarios, ademais aplícache o rexistro europeo de tratamentos, que é obrigatorio con independencia do tamaño. Hai excepcións e matices por superficie e por tipo de cultivo, pero a regra práctica é sinxela: se tratas, rexistras.

O titular responde de que o anotado sexa certo. Pode delegar o traballo nun asesor ou nun empregado, pero a responsabilidade non se delega.

Que seccións ten

O que mira unha inspección

Non adoita mirar se o caderno é bonito. Mira tres cousas:

Os dous primeiros compróbanse contra o rexistro oficial de produtos. O terceiro é o que colle a máis xente: un caderno enchido de golpe en decembro nótase.

Os erros que máis se repiten

Non son erros de mala fe, son de présa. Estes catro son os que máis aparecen cando alguén revisa un caderno por primeira vez:

Os catro se arranxan igual: anotando no momento e cun programa que valide mentres escribes, en lugar de avisar seis meses despois.

En papel ou no móbil

Para os tratamentos, o papel deixa de valer o 1 de xaneiro de 2027. Ademais da obriga, hai unha razón práctica: apuntar no momento, desde o móbil e no tallo, é o único que fai que o caderno estea ben. Cando se apunta na casa pola noite, esquécense doses e invéntanse datas.

E aquí, en Galicia, hai un detalle que non é menor: a cobertura falla en boa parte do rural. Unha app que precise rede para gardar unha labor non serve. Agro GPS funciona sen cobertura e sincroniza cando volves.

Canto tempo leva de verdade

Unha labor rexístrase en menos de trinta segundos, co produto validado antes de aplicalo e o recinto SIGPAC xa posto. Se repites o mesmo tratamento en varios recintos, apúntase dunha vez. O caderno de explotación deixa de ser a tarde de papeleo do domingo e pasa a ser un xesto de dez segundos no propio tallo.

Cando chega o momento de presentalo, o ficheiro sae no formato que pide a Administración. En Galicia, co trámite MR407B e o rexistro XEAGA. E exportar o teu caderno completo é gratis sempre, tamén se te vas.

Comezar gratis

Para seguir